É unha pequena gorra ritual empregada para cubrir parcialmente a cabeza, usada tradicionalmente polos varóns xudeus, e últimamente aceptada tamén polas correntes non ortodoxas para uso feminino.
Cubre totalmente a cabeza - é de uso obrigatorio ao entrar e permanecer en determinados lugares de culto xudeu, como sinagogas, cemiterios ou lugares sacros, ou en situacións de pregaria, celebración ou estudo canónico. Os homes xudeus observantes, visten kipá durante todo o día e en toda ocasión.
Utilizase kipá branca para celebracións de xúbilo, como shabat, festas ou vodas, e negra en sinal de doo.
É posible situar a un xudeu practicante dentro de determinada rama ou corrente do xudaísmo, en base á cor, ao tamaño ou ao material do que está feita a kipá que leva posta.
As súas orixes son igualmente milenarias, e remóntanse ao Talmud simbolizando a necesidade de ter presente en todo momento que Deus está porriba dos homes e as cousas; e só pretende que a cabeza non quede descuberta ante Deus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario